A delegada territorial presidiu onte a Comisión territorial de coordinación de Ferrol á que asistiron os xefes territoriais das distintas consellerías.
“A xestión realizada este ano demostrou que a Xunta avanza e cumpre coa súa folla de ruta que son os compromisos adquiridos ante a cidadanía e que se reflicten no Pacto de Estado por Ferrol”, lembra
Destaca o avance nas obras do plan director do CHUF, cuxo investimento este ano chegará aos 26,7 millóns de euros
A delegada pon en valor o fito que supuxo a entrega das chaves das dúas primeiras vivendas do programa Rexurbe e o traballo levado a cabo na tramitación do PRUX das Fragas do Eume

Aneiros destacou que este foi un ano para “tomarlle o pulso ás comarcas” e coñecer máis
pormenorizamente as necesidades e demandas deste territorio. “Mantivemos un contacto
directo cos axentes sociais, Concellos, asociacións empresariais e veciños que nos ten
axudado a compoñer unha fotografía real da situación das comarcas de Ferrol, Eume e
Ortegal e, desta maneira, ir impulsando e priorizando a actuación da Xunta neste
territorio”, indicou.
“A xestión realizada neste ano demostrou que a Xunta avanza e cumpre coa súa folla de
ruta, que son os compromisos adquiridos ante a cidadanía e que se reflicten no Pacto de
Estado por Ferrol”, salientou.
Durante a reunión de coordinación na que tomaron parte os xefes territoriais das distintas
consellerías, realizou un balance da execución das actuacións recollidas no documento
durante o pasado exercicio, comezando pola propia creación da delegación. Destacou o
avance nas obras do plan director do CHUF, onde os traballos se centran agora na
finalización das instalacións do servizo de Radioloxía, así como en habilitar novos espazos
no edificio sur.
Comments